25 de novembro.DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Próximo día 25 de novembro é o dia contra a violencia de xénero. Nela debemos incluir a importancia de educar na coigualdade de xéneros.

Dende a biblioteca queremos facer unha pequena guía de libros adicados o mesmo. Algúns tedelos na biblioteca e outros podedes descargalos en pdf ou visionalos.

E independientemente de que sexa ou non día 25... a coeducación é unha tarefa para traballar todos os días do ano.

Esperamos que sexan de utilidade.


  ARTUR e CLEMENTINA (Adela Turín) Indicado para os máis pequenos.

Dúas tartarugas que se enamoran e ao principio todo vai ben pero Artur non quere que Clementina vaia pescar, enfadase se sae da casa e vaina cargando de toda clase de obxetos inútiles... Clementina síntese pequena e infeliz ¿Poderá escapar desta situación cunha concha tan cargada?
Podedes visionalo aqui:
 

ROSA CARAMELO (Adela Turín)

No país dos elefantes, as elefantiñas estan encerradas, vestidas con encaixes, comendo peonías e moi aburridas... pero non seguirá todo igual por moito tempo...


Aquí tendes un vídeo narrado pola propia autora:


Até as princesas soltan peidos

 Neste libro, o autor Ilan Brenman desmente o estereotipo das princesas perfectas cando a pequena Laura acude os libros para atopar a verdade sobre Cincenta, despois de que o seu amigo Marcelo confesara na clase que o corpo da delicada protagonista funcionaba como o dunha persoa normal.


LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES(para os maiores) De Nunila López e Miryam Cameros.(en castelán)

É a historia de Cincenta dende unha perspectiva máis actual... onde os principes non son encantadores, as perdices fartan e os zapatos de cristal fan dano nos pés.

Podedes ver (e descargar) a versión en PDF aqui, disfrutádea!!:

LOS COLORES .Outro conto que Nunila e Miryam poñen gratuitamente na rede. (en castelán)

No país das cores hai un pouco de todo, cada un é como é, pero o rosa e o azul gústalles xogar xuntos e os "incoloros" non lles deixan. Cómo escaparán deles?
Aquí tendes a versión en Pdf.
los colores myriam nunila

"¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?"(en castelán)

Carlota o ten claro: non lle gusta ser unha princesa rosa... aínda que parece que o seu entorno non ten moi claro as súas intencións. ¿Poderá cambiar sa súa forma de vela?
Podedes vela neste enlace:

  
EL PRÍNCIPE CENICIENTO
Unha revisión do conto de Cincenta onde cambian os roles. Un xogo para poñer aos nenos noutro tipo de papeis.

En Actiludis hai actividades e materiais para traballar este conto. Só tendes que seguir este vínculo.
http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2009/02/elprincipeceniciento.pdf

Comentarios